Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA (SPI Galicia, SA)
Avelino Pousa Antelo, nº 1, 2º
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981 545 002
Fax: 981 545 095
A-15595275
O Parlamento de Galicia acordóu a constitución da Sociedade según a Disposición Adicional número 12
da lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para 1997. Mediante o Decreto 56/1997, de 6 de marzo,
publicado no Diario Oficial de Galicia, de 20 de marzo de 1997, créase a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia,
S.A. aprobándose os seus Estatutos e establécese un capital fundacional de 3,005 millóns de euros totalmente suscrito
e desembolsado pola Comunidade Autónoma de Galicia. O 31 de marzo de 1997 mediante otorgamento de escritura pública
ante D. Manuel Julio Reigada Montoto, Notario do Ilustre Colexio de Galicia, constitúese a Sociedade
ó amparo do disposto no artigo 14.2º da Lei que rixe esta clase de Sociedades,
como unha Sociedade Anónima Unipersoal. A Sociedade está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña,
Tomo 1.896, Sección Xeral, Folio 62, Folla número C-17.823, Inscrición primeira.
O obxecto da Sociedade é proxectar, construir, conservar e explotar, por ela mesma,
por terceiras persoas ou en calidade de concesionaria, actuando por encargo do Consello da Xunta,
en nome propio ou por conta e mandato da Xunta de Galicia, segundo os termos dos encargos
e os mandatos de actuacións, toda clase de infraestructuras que a Xunta promova ou participe,
e tamén os servizos que se poidan instalar ou desenvolver en ditas infraestructuras.
A súa actividade comprende tamén, previa autorización do Consello da Xunta,
a promoción e execución de actividades urbanísticas e inmobiliarias,
adquisición e alleamento de toda clase de bens inmobles, xestión e realización das obras e dotación de servizos
e a súa posible explotación.
A sociedade tamén ten por obxecto a realización daquelas actividades de conservación
e explotación do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada Santiago
de Compostela-Ourense que se lle establezan regulamentariamente.
Forman parte do obxecto social as actividades dirixidas á explotación das áreas de servizo,
centros de transporte e aparcadoiros e calquera outra actividade directa ou indirectamente
relacionada coa súa conservación e explotación, sempre que se encontren dentro
da área de influencia do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada
Santiago de Compostela-Ourense, así como as actividades que sexan complementarias
da construción, conservación e explotación deste.
Todas estas actividades poderán desenvolverse total ou parcialmente mediante a participación
da dita sociedade pública, suxeita sempre á Lei do patrimonio da Comunidade
Autónoma de Galicia ou calquera outra disposición que sexa aplicable polo seu carácter
de sociedade mercantil pública autonómica en sociedades de obxecto idéntico ou análogo.
Nas súas actuacións haberá de respetar os principios de publicidade e concorrencia propios da contratación
administrativa.
Conforme ó establecido na Disposición Adicional décimo segunda dos Presupostos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para 1997, as relacións entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Pública regularanse
mediante un Convenio Marco que será aprobado polo Consello da Xunta por proposta da Consellería de Economía e Facenda,
no que se establecerán, entre outros, os extremos ós que deberá axustarse o Plan Económico Financeiro
que deberá ser aprobado como instrumento básico de regulamentación das relacións específicas derivadas
dos encargos da Xunta de Galicia á Sociedade. Na súa virtude o 2 de maio de 1997 apróbase
o citado Convenio Marco así como os presupostos de explotación e de capital iniciais da Sociedade.
Posteriormente, o 9 de febreiro de 2012, tamén o Consello da Xunta, aproba o Convenio Marco vixente na actualidade.
Esta Sociedade rexerase polo que dispoñan os seus Estatutos e o que en relación
a este tipo de sociedades establecen:
- Decreto 56/1997 de 6 de marzo, ó amparo da disposición adicional décimo segunda
da lei 11/1996, de 30 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997,
por o que se constitúe como Sociedade Anónima a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.,
o 31 de marzo de 1997, cun capital fundacional subscrito e desembolsado íntegramente
pola Comunidade Atónoma.
- A Lei de Sociedades de Capital.
- A Lei 5/2011 do 30 de setembro de Patrimonio da Comunidade Autónoma de
Galicia.
- Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia
- Lei 16/2010, de 17 de decembro, de Organización e funcionamento da
Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia.
- O Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e S.P.I. Galicia, S.A.
aprobado polo Consello da Xunta o 9 de febreiro de 2012.