Denominación da Sociedade:
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA (SPI Galicia, SA)
Domicilio social:
Avelino Pousa Antelo, nº 1, 2º
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981 545 002
Fax: 981 545 095
Número de identificación fiscal:
A-15595275
Constitución:
O Parlamento de Galicia acordou a constitución da Sociedade según a Disposición Adicional número 12 da Lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para 1997.
Mediante o Decreto 56/1997, de 6 de marzo, publicado no Diario Oficial de Galicia, de 20 de marzo de 1997, créase a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA aprobándose os
seus Estatutos e establécese un capital fundacional de 3.005,00 millóns de euros totalmente suscrito e desembolsado pola Comunidade Autónoma de Galicia. O 31 de marzo de 1997 mediante
outorgamento de escritura pública ante D. Manuel Julio Reigada Montoto, Notario do Ilustre Colexio de Galicia, constitúese a Sociedade ao amparo do disposto no artigo 14.2º da Lei que
rixe esta clase de Sociedades, como unha Sociedade Anónima Unipersoal. A Sociedade está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 1.896, Sección Xeral, Folio 62, Folla número
C-17.823, Inscrición primeira.
Obxecto Social:
O obxecto da Sociedade é proxectar, construir, conservar e explotar, por ela mesma, por terceiras persoas ou en calidade de concesionaria, actuando por encargo do
Consello da Xunta, en nome propio ou por conta e mandato da Xunta de Galicia, segundo os termos dos encargos e os mandatos de actuacións, toda clase de infraestructuras que a Xunta
promova ou participe, e tamén os servizos que se poidan instalar ou desenvolver en ditas infraestructuras. A súa actividade comprende tamén, previa autorización do Consello da Xunta,
a promoción e execución de actividades urbanísticas e inmobiliarias, adquisición e alleamento de toda clase de bens inmobles, xestión e realización das obras e dotación de servizos
e a súa posible explotación.
A sociedade tamén ten por obxecto a realización daquelas actividades de conservación e explotación do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada Santiago de
Compostela-Ourense que se lle establezan regulamentariamente.
Forman parte do obxecto social as actividades dirixidas á explotación das áreas de servizo, centros de transporte e aparcadoiros e calquera outra actividade directa ou indirectamente
relacionada coa súa conservación e explotación, sempre que se encontren dentro da área de influencia do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada Santiago de
Compostela-Ourense, así como as actividades que sexan complementarias da construción, conservación e explotación deste.
Todas estas actividades poderán desenvolverse total ou parcialmente mediante a participación da dita sociedade pública, suxeita sempre á Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de
Galicia ou calquera outra disposición que sexa aplicable polo seu carácter de sociedade mercantil pública autonómica en sociedades de obxecto idéntico ou análogo.
Nas súas actuacións haberá de respetar os principios de publicidade e concorrencia propios da contratación administrativa.
Convenio coa Administración:
Conforme ó establecido na Disposición Adicional décimo segunda dos Presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, as relacións entre a Xunta de Galicia
e a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA, regúlanse mediante o Convenio Marco aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 9 de febreiro de 2012 e segundo
o disposto no capítulo III do Convenio de 16 de xuño de 2005, de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, polo que se regula
a construción, conservación e explotación do treito Alto de Santo Domingo-Ourense. Esta última sociedade foi absorbida no ano 2011 pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA
que se subrogou nos seus dereitos e nas súas obrigas.