Esta Sociedade rexerase polo que dispoñan os seus Estatutos e o que en relación a este tipo de sociedades establecen:
-
Decreto 56/1997 de 6 de marzo, ó amparo da disposición adicional
décimo segunda da Lei 11/1996, de 30 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, por o que se constitúe como Sociedade Anónima a Sociedade
Pública de Investimentos de Galicia, SA, o 31 de marzo de 1997, cun capital fundacional subscrito e desembolsado íntegramente pola Comunidade Autónoma.
-
A Lei de Sociedades de Capital.
-
A Lei 5/2011 de 30 de setembro de Patrimonio da
Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Decreto Lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia.
-
Lei 16/2010, de 17 de decembro, de Organización e funcionamento
da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia.
-
O Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e SPI Galicia, SA
aprobado polo Consello da Xunta o 9 de febreiro de 2012.
-
Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, SA.
-
Decreto 310/2003, de 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, SA.
-
Decreto 400/2003, do 6 de novembro, polo que se modifican os estatutos da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, SA.
-
Decreto 432/2003, do 5 de decembro, polo que se regula a construción, explotación e conservación do treito Alto de Santo Domingo-A52 da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense pola Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, SA e se establecen os termos da xestión.
-
Convenio do 16 de xullo de 2005, de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Pública Autoestra Alto de Santo Domingo-Ourense polo que se regula a construción, conservación e explotación do treito Alto de Santo Domingo-Ourense, SA.